Os traballadores de REGAKI-COGAMI-GES non están sós


Kiosko Cogami (Cogami)

Quiosko Cogami (Cogami)

Ser discapacitado laboral no Estado español implica formar parte dun colectivo que só atopa emprego no seu 44%. Malia iso, e a pesares de combater esta porcentaxe cunha partida presupostaria de 17,7 millóns de euros para este 2015, a Xunta semella estar mirando para outro lado ante o despedimento de 95 traballadores da rede de kioskos REGAKI. É esta unha entidade xestionada polo grupo Ges (Galega de Economía Social), matriz empresarial do grupo GOCAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Segundo aseguran dende o comité de empresa da rede de quioskos, máis de tres millóns da cifra esmentada van a parar a este tríptico de entidades. A pesares diso, unha suposta mala xestión é a excusa presentada para seguir adiante co ERE que priva de traballo a case un centenar de traballadores. Unha acción que poría fin a unha iniciativa xordida no ano 2005 para promover o emprego entre as persoas con discapacidade. Unha promoción que habería de ser, por suposto, sen ánimo de lucro.

Sen embargo, a falta de lucro é o único que reciben os 95 traballadores incluídos nese ERE. En total, son xa cinco meses sen cobrar, ademais da paga extraordinaria de Nadal. Todo isto, mentres Cogami e a Xunta desatenden as reclamacións dos 95 empregados a pesares de que, paralelamente, aseguran ter un compromiso firme para potenciar a integración laboral das persoas con discapacidade.

Esta precaria situación conleva dúas consecuencias fundamentais. A primeira é negar a persoas con algún tipo de minusvalía o salario mínimo que percibían –uns 617 euros–; persoas cuxo soldo significaba un pilar fundamental no mesmo número de economías familiares. A segunda, máis desprezable todavía, a de imposibilitar o acceso á medicación que cada empregado precisa para esa afección –tan fruto do vicio– que parece que teñen os necesitados: subsistir.

Illados, marxinados, sós. Así se sinten estes traballadores que, malia estar afectados por un ERE sen escrúpulos, manteñen abertos moitos dos seus quioskos. Sen apenas xénero, sen apenas luz e sen apenas esperanza, pero coa firme decisión de plantar cara a unha empresa e a unha Xunta de Galicia que pretende silenciar estas reclamacións co silencio e co xogo sucio. Compañeiros e compañeiras de REGAKI-COGAMI-GES, a vosa reclamación non se perde no silencio. Os vosos anceios de dignidade son un exemplo de que a loita non remata e de que é a mesma loita a clave, non só para unha vida laboral digna, senón tamén para a supervivencia en pleno século XXI. Loitade, porque non o faredes sós.

Anuncios

Escribe tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s