Unha mochila e unha mentira


Entroido en Laza (José Pereira)

Entroido en Laza (José Pereira)

Estaba eu hoxe saíndo da ducha no vestiario (ata aquí o relato pornográfico) cando, volvendo á miña taquilla, atópome cunha mochila coa bandeira e as siglas de Galiza. Impactado, contemplo como o propietario é un dos máis catalanoparlantes do staff técnico do ximnasio. Abraidao, pregúntolle se ten raíces galegas e, sorprendido respóndeme que como é que sei o seu nome. “No ximnasio hai unha foto túa co teu nome, igual que sucede co resto de adestradores”, contéstolle. El, asente, deixando entrever comprensión.

Acto seguido procede a explicarme que a mochila foi un agasallo duns antigos compañeiros de piso. Galegos, claro. Ao mesmo tempo, un par de xubilados especulan sobre as prestacións que debería ofrecer o móbil do futuro, xa que atopan moitas eivas nos modelos actuais, sobre todo á súa idade que lles dificultan operar con eles.

O rapaz, mentres, continúa explicando que ás veces lle sae o acento galego cando fala cun galego. Ademais, confesa que sempre que se atopa baixo os efectos do alcol fala (chapurrea, ben seguro) en galego. Por último, destaca que tódolos galegos que coñeceu na súa vida son drogadictos e que isa é a razón pola que somos tan festeiros.

Nese intre e nos vindeiros, desexei continuar escoitando a conversa dos pensionistas, pois tal vez me puideran ter dado algunha brillante idea para levar a cabo nun futuro prototipo de teléfono e facerme millonario. Porque o resto de información que se me aportou, pola outra banda, foi necia, ignorante e ruín. Tiven a oportunidade de aproveitar o tempo, mais fun eu, insensato, que escolleu a vía do seu mal emprego. Tan valioso e ás veces tan desaproveitado.

Anuncios

Escribe tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s