“Una vez al año, no hace daño”


Tomando prestado o titular da miña entrada anterior, xunto co erudito coñecemento ao que a nosa benquerida sociedade me expón, quixera falar de dous aspectos relacionados coa edición deste ano das Festas Patronais de Ribadeo.

Cartel das Festas Patronais de 1948

A verdade, non estou demasiado dacordo coa medida de “orde veciñal”, por así chamala, á que se someterán este ano as nosas Festa Patronais por parte do Concello de Ribadeo.
Si que estou, sen embargo, conforme e apoio as protestas dos veciños da rúa Luz Pozo Garza ante o colapso de tenderetes e demais aparellos que o ano pasado impedían o paso dos coches aos garaxes.
Porén, as restricións no horario de duración dos concertos e demáis actividades acústicas non obteñen a miña aceptación. A máxima celebración que a nosa vila pode acadar, a nivel anual, non é outra que a que pode ter lugar nos días anteriores e no mesmo día da nosa Patrona: Santa María do Campo. Una cita anual, na que se rende homenaxe, non só a nivel relixioso, se non tamén a nivel popular a toda a nosa vila: Ribadeo.
Dende o ano pasado, o emprazamento da citada delebración trocouse ao párking municipal, onde se podía dar cabida a máis atraccións e onde as orquestras dispuñan de máis espazo para reunir ao público. A medida tivo éxito sen dúbidas, pois permitiu, entre outras cousas e se as miñas fontes non me fallan, que a nosa Comisión de Festas acadara o superávit. Aínda así, tamén deu lugar a queixas (respetables, en todo caso, mais non compartidas) por parte de diversos colectivos veciñáis alegando que o ruído lles impedía durmir.
Eu non son quen de negar que o ruido impide durmir, pero unhas veces fastídianse uns, e outras, outros. Entendo que o párking esté rodeado por vivendas, pero, se voltamos a mirada cara, nada máis, hai un par de anos, poderemos decatarnos de que tamén había xente afectada polo ruído, que o aceptaba con filosofía, nun xesto amigable de cara ao resto de veciños da vila. É máis, na antiga ubicación, unha das orquestras (e ás veces, tamén algunha atracción) situábase ao pé do hospital de anciáns local, así coma do convento de Santa Clara e dunhas vivendas sociais.
Na miña curta idade, non recordo que as festas durasen menos por queixas de veciños, nin por ningún outro motivo. Por iso, vexo un xesto bastante desleal o de aqueles que, pola razón que fose, se decantaron por esixir unha duración menor do evento, facendo que unha maioría (non só local, senón tamén foránea) se vira afectada. Unha maioría que non poderá desfrutar con total plenitude da grandeza que as Festas Patronais da Vila de Ribadeo estaban comezando a adquirir, tal vez polo capricho de certo colectivo.

Pecho este escrito apelando á concordia veciñal, á comprensión e á sabedoría popular; porque “Una vez al año no hace daño”.

Anuncios

Escribe tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s