“O obxectivo é pasar unha agradábel fin de semana na nosa vila, coñecer a zona e os distintos equipos de veteranos”


Cartel do VII Torneo Internacional “Vila de Ribadeo”

(Tradución da entrada anterior). A próxima fin de semana celébrarase a sétima edición do Torneo Internacional “Vila de Ribadeo”, de fútbol veterano. A diferencia das edicións anteriores, este ano disputarase tanto no Concello de Ribadeo coma no veciño de Barreiros. Con motivo do evento, quen mellor que o artífice e organizador do campionato, Víctor Manuel Pérez Quintana, “Caridad”, para explicar aspectos fundamentais da edición deste ano.

 

Que é o VII Torneo Internacional “Vila de Ribadeo”?

É un torneo de fútbol para veteranos, de carácter internacional onde, ademais do deportivo, o que máis prima é o poder gozar dunha fin de semana en compañía dos amigos.

¿Cando xorde a idea de crear un torneo de fútbol de veteranos?

Foi no ano 2005 cando, debido á cantidade de equipos de veteranos que disputaban partidos amigábeis, xurdiu a idea de organizar un torneo na nosa vila. Hai que recordar que non hai ningún torneo en España destas características. Sempre contamos co inestimable apoio de Vicente Castro, concelleiro de Deportes de Ribadeo, disposto a axudarnos no que se puidese. Por iso, démo-lo paso para organizar, en 2006, a primeira edición, que contou con doce equipos de Galicia e Asturias. A partires de aí, a nosa idea foi a de ir medrando pouco a pouco ata alcanzar os trinta e seis este ano.

¿Quen o organiza?

Organízao, dende os seus comezos, a Asociación Deportiva Veteranos do Ribadeo FC, formada por un grupo de amigos amantes do balompé.

¿En qué data se disputa?    

Historicamente, dende o ano 2006, vense celebrando no mes de maio, salvo nunca ocasión que, por motivos de dispoñibilidade dos campos, celebrouse en xuño. Dende hai tres anos, o torneo asentouse na última fin de semana do mes de maio.

¿Onde se celebra?

Normalmente celébrase en Ribadeo, nos campos de herba natural que posúe o concello (Estadio Municipal “Pepe Barrera” e Campo do Outeiro). Sen embargo, este ano e debido á proliferación de equipos interesados en participar, engadíronse os campos, tamén de céspede artificial, de As Valgas e Cascabeiro, no veciño concello de Barreiros.

¿Cantos equipos se inscribiron?

Nesta ocasión contamos coa presenza de trinta e sei conxuntos.

¿Cal é a procedencia destes clubes?

Como é lóxico, a maioría procede de España, concretamente de sete autonomías (Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Castela e León, Madrid e, por vez primeira, Canarias), máis dous conxuntos portugueses e un representante de Inglaterra.

¿Algún conxunto parte coma favorito?

Normalmente non nos gusta destacar a ningún pois, para nós, tódolos equipos son iguais e, polo tanto, todos son favoritos. Porén, hai que salientar que acudirán diversos xogadores que militaron, no pasado, en categoría nacional. Aínda que, coma todos sabemos, o fútbol depende de se a boliña quere entrar ou non.

¿Cal é o premio?      

Neste torneo, ademais dos trofeos que entregamos aos catro primeiros clasificados, tamén obsequiamos a cada equipo cun trofeo-detalle. Aínda que o maior trofeo que se dá é o pasar unha agradábel fin de semana na nosa vila, coñecer a zona e os distintos equipos de veteranos.

 

Desde aquí queremos agradecer a tódolos organismos que nos axudan a levar a cabo este torneo, que non son outros que o Excmo. Concello de Ribadeo a Delegación de Deportes da Deputación de Lugo, ACISA RIBADEO, o  Ribadeo FC, o Iberia CF e o Celta Barreiros.

Anuncios

Escribe tu comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s